A lóxica expectación creada arredor das eleccións celebradas este pasado día 5 nos Estados Unidos xa ten un desenlace práctico. Donald Trump regresa á Casa Branca cun poder absoluto: ademais de conseguir a vitoria fronte a Kamala Harris (nesta ocasión, obtendo tamén unha maioría de votos populares), ten asegurado o control da Cámara de Representantes e do Senado e segue mantendo a coñecida maioría de membros do Tribunal Supremo.
  comenta   0
GC continúa os pasos que xa deron The Guardian e La Vanguardia. Articulistas tamén abandonaron esta rede. Queda por saber se máis medios e, sobre todo, políticos e partidos de esquerda, independentistas e nacionalistas tamén seguen os mesmos pasos para dar exemplo.
  comenta   14
Expertos piden xa gravalos con impostos para defender o emprego humano. Alertan de que hai "moito que facer" para que a IA respecte o marco constitucional e que as relacións laborais tamén se verán afectadas.
  comenta   0
Os responsables do Igadi, e algúns dos expertos participantes no documento, presentaron este luns o informe anual do 'think tank' galego, que analiza unha realidade internacional marcada polos procesos electorais e o incremento de conflitos e guerras.
  comenta   0
Dende Galicia Confidencial, e co gallo dun novo paso dos satélites de Starlink polo noso ceo, entrevistamos a Óscar Rodríguez, un mozo que vive nunha pequena aldea de Rois na que a conexión a Internet polos métodos tradicionais non é moi boa, polo que decidiu comprar a antena de Starlink.
  comenta   0
A Unión Europea desenvolve as súas propias redes sociais para facer fronte a Twitter e YouTube en 2023 e para facer que cumpran a nova Lei de Servizos Dixitais.
  comenta   2
A recente compra da rede Twitter polo multimillonario Elon Musk abriu unha tormenta en relación á liberdade de expresión nas Redes Sociais. Tamén achegou polémica primeiro con despedimentos e logo coa dimisión de persoal ante as esixencias do novo patrón. Nun mundo globalizado, estes cambios poden influír dalgunha maneira sobre a contorna das RRSS en Galicia. Podería verse afectado o panorama mediático e político galego cos cambios en Twitter?
  comenta   1