O BNG pide unha resposta na UE á "ameaza" de aranceis ao metal de Trump

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2025 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

O BNG reclamou en Bruxelas que a Comisión Europea ofreza unha resposta ante "a ameaza" do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, de gravar con aranceis do 25% a importación de metal. Nunha pregunta rexistrada pola eurodeputada nacionalista, Ana Miranda; o Bloque insta as Autoridades comunitarias a "pararse" para "defender" os seus sectores comerciais e, en concreto, a industrial do metal, "que é un dos máis importantes dos que depende a economía galega".

Miranda puxo o foco na "preocupación" que existe en secotres como o naval, a maquinaria agraria, os motores ou as aeronaves ante a posibilidade de que Estados Unidos aprobe aranceis para os produtos foráneos. Neste sentido, lembrou que a industria metalúrxica de Galicia exporta 42,5 millóns de euros a Estados Unidos en aluminio e aceiro, polo que lle pediu unha resposta da Comisión Europea.

"Temos que estar a defender os intereses do noso sector industrial xa profundamente minguado por moitos embates e moitas reconversións", aseverou.

A eurodeputada do BNG Ana Miranda. BNG
A eurodeputada do BNG Ana Miranda. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta