Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2025 | Actualizada ás 16:50
A conselleira de Economia e Industria, María Jesús Lorenzana mantivo unha reunión cunha delegación estadounidense este xoves co fin de establecer vínculos comerciais con Estados Unidos e impulsar novas formas de colaboración entre o país norteamericana e as empresas galegas.
Este encontro, promovido pola Asociación de Industrias do metal e tecnoloxías asociadas de Galicia (Asime) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) contou coa participación de representantes das embaixadas de Ohio, Virginia, Carolina do Norte, Carolina do Sur, Texas, Indiana e Pensilvania, segundo informou a Xunta nun comunicado.
Así, esta reunión centrouse en cuestións como as oportunidades de negocio que as empresas galegas teñen en Estados Unidos en áreas como a construción, o sector das enerxías renovables, aeroespacial ou a indsutria alimentaria. Respecto ao novo panorama internacional, no que a Xunta prevé que en Galicia o efecto dos posibles aranceis sexa limitado, Lorenzana puxo en valor o traballo do Goberno galego para manter a competitividade das empresas, mediante a innovación, a internacionalziación e a promoción dos seus produtos.
Ademais, destacou o novo observatorio de vixilancia por antena que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) desenvolveu en Estados Unidos, que entre outras funcións, permite facer un seguimento das políticas comerciais e asesorar, apoiar e informar as empresas galegas para que se adapten aos novos escenarios económicos. Galicia constitúe a quinta comunidade autónoma de España que máis produtos exporta a EEUU. O ano pasado, un milleiro de empresas galegas, 350 delas de forma regular, exportaron ao país norteamericano por un importe de 800 millóns de euros, é dicir, o 2,6% do total de exportacións da comunidade galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.