Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 24/03/2023 | Actualizada ás 11:39
O Parador de Muxía foi elixido polos lectores da revista Viaxes National Geographic como o mellor hotel en contorna natural de España. O parador, que reabrirá as súas portas o próximo 31 de marzo tras o peche por tempada, foi valorado pola súa "mellora continua, a innovación e a excelencia nos seus servizos para crear experiencias únicas".
"Este premio é un recoñecemento á aposta da cadea Paradores polo coidado e respecto das contornas naturais onde se sitúan os seus establecementos. Todo o equipo que traballamos en Costa da Morte asumimos este galardón con responsabilidade, satisfacción e orgullo do enclave de onde nos situamos", sinalou o director, Julio Castro.
Aberto desde o verán de 2020, o Parador foi concibido tras a catástrofe do Prestige nunha localidade considerada o epicentro simbólico da marea negra provocada polo afundimento do buque en augas do Atlántico do que se cumpriu 20 anos o pasado mes de novembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.