Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2023 | Actualizada ás 11:04
A localidade coruñesa de Muxía foi epicentro á primeira hora deste luns dun tremor de terra de magnitude 3,1 que se deixou sentir nos municipios lindeiros. Acontece logo doutro sismo que tivo como centro a localidade de Oroso, tamén na Coruña, hai cinco días.
En concreto, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional, o tremor tivo lugar ás 6,38 horas da mañá nunha área rodeada polas aldeas de Quintáns, Cebráns, Fumiñeo e Castelo, a só un quilómetro de profundidade.
Os rexistros do IGN apuntan a que o tremor se sentiu, ademais de en Muxía, en varias zonas de Vimianzo (Baíñas, A Gándara, Caxadas ou Vilaseco, entre outras) e, con menor intensidade, en Cee e Dumbría.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.