Auxilian a oito persoas dun veleiro tras encallar nunha zona de rocas en Muxía

Ningún necesitou asistencia técnica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2022 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia



Efectivos de emerxencias auxiliaron na tarde deste pasado mércores a oito persoas dun veleiro tras encallar nunha zona de rocas no termo municipal de Muxía (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, tivo coñecemento, ás 18,30 horas do mércores dun veleiro que acababa de encallar nunha zona de rocas nas proximidades do Santuario da Barca, no que navegaban oito persoas.

Foi un dos tripulantes da embarcación quen contactou co 112 Galicia para avisar da súa situación. De maneira inmediata, pasouse o aviso a Salvamento Marítimo, a Protección Civil, á Garda Civil e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, a tripulación do veleiro puido saltar ás rocas e, posteriormente, foi trasladada á base de Protección Civil, onde recibiu asistencia, aínda que ningún dos seus membros necesitou atención médica.

Catamarán encallado en Punta Nariga, en Muxía
Catamarán encallado en Punta Nariga, en Muxía | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta