José Martínez, armador do ‘Carla‘, decidiu o 23 de marzo facer a proba de coronavirus á súa tripulación. O resultado debía estar en 30 horas, pero chegou o domingo desa semana. Un positivo recibido na mar obrigounos a tomar porto. Están en Burela, en Lugo, e confinados nun palangreiro atracado.