Así se recolle nun estudo elaborado na Universidade de Santiago que identifica unha serie de propostas no campo administrativo para a atención do desenvolvemento de nenas e nenos que padecen esta enfermidade.
  comenta   0
Expertos analizan as tendencias educativas nun contexto de auxe da IA xenerativa. Personalización da aprendizaxe, formación ao longo da vida e microcredenciais, recursos docentes potenciados coa IA ou educación comprometida coa sociedade e o medio ambiente, entre os novos retos educativos.
  comenta   2
As contratacións enmárcanse no 'Programa María Goyri' para a incorporación de talento docente e investigador en todas as ramas de coñecemento.
  comenta   0
O titular da carteira educativa galega puntualizou que aínda que Galicia "tivo salto moi notable e está por enriba" da media estatal nestas competencias nos principais indicadores académicos, cómpre "seguir traballando" na mellora permanente.
  comenta   0
Esixe formar parte do grupo de traballo que se vai a constituír nos próximos días a pesar de considerar que se trata dunha "pantomima" na que a Xunta quere gañar tempo mentres a extinción do galego se consuma de forma acelerada.
  comenta   0
Nihal e Wiame son de Marrocos, pero tamén galegas. Gústalles a súa lingua nai, pero tamén a súa lingua de acollida, o galego. O proxecto Mátrix, do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, pretende achegar o árabe ao galego.
En colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia o programa educativo de sensibilización sobre Internet e redes sociais chega a case 90.000 estudantes galegos.
  comenta   0
En particular, quérese incidir no estímulo e no achegamento ás Matemáticas desde as idades máis temperás para facilitar despois o seu desenvolvemento nas etapas de Primaria e Secundaria.
  comenta   0
Desde o inicio do curso vense protestas por parte de diferentes estamentos da comunidade educativa de distintos centros escolares pedindo máis profesorado e unha relación entre o número de docentes e de alumnado que permita afondar na atención á diversidade e nas tarefas como o apoio educativo ou a adquisición de linguas. Neste artigo insístese en que só é posible unha educación de calidade cun número axeitado de docentes, por enriba de calquera outro parámetro diferente.
  comenta   0
Así o confirmou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, que asegurou que esta cifra se podería incrementar cando se coñezan "as necesidades reais do sistema educativo" galego.
  comenta   0
O conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, Román Rodríguez, recalcou que "se reforzou" a través do Plan Mega o equipo de docentes de apoio, cuns 400 profesionais, aínda que "é certo que nunca chega"
  comenta   0
A CIG sinala o marcado contraste entre a "propaganda" da Consellería e as protestas protagonizadas pola ANPA e polos centros educativos ante a falta de profesorado, sobre todo de especialistas para a atención á diversidade en Infantil e Primaria
  comenta   0
"Con esta nova incorporación de profesorado seguimos cumprindo co calendario previsto para este plan, que comezou coa incorporación en setembro dos primeiros docentes de reforzo, vinculados ao primeiro programa, o Promociona", afirma Román Rodríguez
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que "sempre hai que aspirar a máis e a seguir mellorando", pero quixo reivindicar o "esforzo moi importante" realizado polo Executivo autonómico que aumentou o número de profesores, a pesar da baixada dos alumnos
  comenta   0
Representantes da CIG denunciaron que "nunca nos pasou, tanta falta de profesorado xeneralizado". Tamén haberá protestas en Vigo pola falta de atención a nenos con necesidades especiais tras a redución horaria dos docentes.
  comenta   0
A CIG-Ensino levará este mércores ante a xunta de persoal docente os "problemas en nada menos" que 62 centros públicos da provincia da Coruña, cifra que cualifica de "inédita ata agora".
  comenta   0
300 nenos e nenas non asistiron ás aulas en protesta polos recortes en profesorado que están a poñer en risco a calidade educativa do centro. A ANPA, en representación das familias, lidera esta mobilización cunha mensaxe clara: “En educación non se recorta”.
Inclúe seis laboratorios con recursos de aprendizaxe sobre ciencia, innovación e intelixencia artificial, deseñados por docentes para docentes.
  comenta   0
Tamén que se incrementen os cadros docentes en todos os niveis educativos ante a "previsible supresión" da taxa de reposición por parte do Goberno central.
  comenta   0
As valoracións outorgadas foron un 2,65 en Secundaria e un 2,77 en Primaria dunha escala do 1 ao 5, onde o 3 é o suficiente. Os participantes criticaron o momento elixido para estas "xornadas obrigatorias", na primeira semana de setembro cando "non achegan case nada" e o profesorado ten "escasa experiencia previa"
  comenta   0
Mellorar o deseño dos parques e espazos ao aire libre, conseguir unha cidade con máis natureza e mellorar as relacións entre o alumnado e o profesorado foron as tres medidas achegadas polo Consello Local da Infancia nun pleno na Coruña.
Tanto a ANPA do Colexio Vila de Cee como a ANPA A Santaia do CPI Fonte Díaz de Touro denuncian que o número de alumnos por aula é demasiado elevado e non cumpre as ratios e que o número de profesores é insuficiente para atender correctamente aos rapaces.
  comenta   0
"Non ten ningún sentido que na xornada de Infantil e Primaria interveña a directora xeral de FP para contar as bondades das políticas do seu departamento" explica a CIG.
  comenta   0
A baixada da natalidade en Galicia faise patente: 48.467 nenos (-1.662) cursarán Infantil, 126.531 (-2.368) farán Primaria e outros 97.680 alumnos (-338) a ESO.
  comenta   0