A Xunta insiste: o número de profesores subiu a pesar das protestas en toda Galicia pola situación "insustentable"

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que "sempre hai que aspirar a máis e a seguir mellorando", pero quixo reivindicar o "esforzo moi importante" realizado polo Executivo autonómico que aumentou o número de profesores, a pesar da baixada dos alumnos

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 10/10/2024 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu en que neste curso aumentou o número de profesores que imparten clase en Galicia, a pesar de que diminuíron, segundo as súas cifras, os alumnos.

Así saíu ao paso o mandatario autonómico tras ser preguntado polas protestas levadas a cabo en centros escolares de toda Galicia pola situación "insustentable" que viven, despois de que entrase en vigor a redución de horas lectivas dos profesores, o cal fai que cada centro teña (por horas) entre un e tres profesionais menos.

Respecto diso, Rueda dixo que "sempre hai que aspirar a máis e a seguir mellorando", pero quixo reivindicar o "esforzo moi importante" realizado, segundo el, polo Executivo autonómico que aumentou o número de profesores, a pesar da baixada dos alumnos.

Tamén falou da mellora dos cocientes alumno/profesor no último curso, cando "segundo a evolución demográfica tería que ser o contrario".

Todo isto despois da situación "insustentable" vivida nos colexios galegos nestas primeiras semanas de curso pola "falta de apoios" a nenos con necesidades especiais tras a redución da xornada lectiva dos profesionais.

Por iso, entre outras concentracións, o vindeiro xoves, día 16, a Asociación de Directoras e Directores de Colexios Públicos de Vigo (Adicopuvi) e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Vigo e comarca (Foanpas) manifestaranse na cidade olívica.

Ambas as entidades solicitaron unha actualización do catálogo de postos de traballo dos colexios e institutos ao rexistrarse nos últimos anos un aumento "notable" de alumnos con dificultades na aprendizaxe.

Tamén pediron á Xunta que entenda que, a pesar de manterse o número de profesores, ao reducirse as horas lectivas, o cómputo xeral é que cada centro perde entre un e tres profesionais, os cales son necesarios para apoiar aos nenos con máis dificultades.

A pesar de todo, tamén este xoves falou do tema o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, quen insistiu nas palabras de Rueda, asegurando que o número de profesores aumentou en Galicia este curso.

El tamén se referiu a outra crítica dos mestres galegos, a tardanza na chegada dos profesores do plan europeo PROA, culpando ao Ministerio do atraso na súa tramitación.

Aínda así, as críticas dos profesores van enfocadas a que varios centros galegos viron diminuír o seu claustro de especialistas e, a cambio, recibirán unha PROA "pagado por Europa". "No canto de ser un apoio máis, a Xunta afórrase un profesor e pon a outro pago por Europa", din desde Adicopuvi e Foanpas.

Rueda e Rodríguez este xoves en Vigo.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Rueda e Rodríguez este xoves en Vigo.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta