A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo acollerá o 8 de setembro o acto institucional de apertura de curso académico 2023-24 das universidades galegas, no que estarán presentes, ademais do reitor, Manuel Reigosa, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez.