Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2023 | Actualizada ás 19:11
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reuniuse este luns co conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e co arcebispo de Santiago, Franscisco José Prieto, para iniciar os trámites previstos na Lei 5/2023, do 4 de agosto, do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, aprobada por unanimidade co respaldo de diferentes institucións e entidades.
Na reunión, acordaron iniciar os trámites encamiñados a constituír e rexistrar a Fundación Panteón de Galegas e Galegos, así como os referirse a que tanto a Arquidiocese como o Concello de Santiago cedan á futura Fundación o uso, respectivamente, da Igrexa de San Domingos de Bonaval e da parte do terreo público municipal imprescindible, dada a súa vinculación física con el. Tal e como trasladou a Cámara nunha nota de prensa, Santalices agradeceu a predisposición de todas as partes para completar estes trámites.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.