Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2024 | Actualizada ás 11:13
O conselleiro en funcións de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, valorou como "cambios moi importantes" o anuncio realizado o pasado martes por Alfonso Rueda de que Cultura e Política Lingüística gañarán "peso" no seu novo goberno da Xunta.
"Creo que o presidente Rueda, que coñece perfectamente a administración autonómica, está a avanzar cambios moi importantes para que a administración funcione mellor e para que Galicia funcione mellor", afirmou a preguntas da prensa tras participar nun acto no Museo das Peregrinacións, en Santiago, este mércores.
Sobre se Rueda xa lle comunicou o seu futuro respecto da nova Xunta, Román Rodríguez dixo: "Son cuestións que nestes momentos hai que esperar a que o presidente tome decisións e as comunique".
Así, considera que o presidente da Xunta en funcións "está a adoptar decisións que son positivas para a Galicia do presente e a Galicia do futuro". "É obvio que tanto Cultura como Educación como Política Lingüística son áreas cunha gran forza que necesitan toda a nosa implicación", opina. "Creo que haberá deseñar unha estrutura que posibilite que tanto Educación como Cultura como outras áreas do goberno poidan funcionar mellor", asegurou Román Rodríguez.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.