Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas do alumnado

A Xunta oferta este curso preto de 2.500 prazas de estancias tanto en Galicia como no estranxeiro durante a época de verán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2024 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, comprometeuse a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas nunha lingua estranxeira do alumnado galego e avanzar na consolidación do "modelo de éxito" do sistema educativo galego. 

Román Rodríguez. Foto Xoán Crespo. Xunta de Galicia - Arquivo
Román Rodríguez. Foto Xoán Crespo. Xunta de Galicia - Arquivo | Fonte: Europa Press

Así o expresou este sábado en Mondariz-Balneario, onde visitou ao alumnado participante nas estancias lingüísticas de primavera 'Spring Week', que este ano alcanzan os 1.450 alumnos de entre 6º de Primaria e 4º de ESO.O titular de Educación animou aos mozos a "aproveitar ao máximo" a oportunidade na que, durante unha semana, practican falar inglés con apoio de profesorado nativo mediante diferentes actividades, á vez que "se fomenta a convivencia" entre o grupo.

Román Rodríguez lembrou que o seu departamento oferta este curso preto de 2.500 prazas de estancias tanto en Galicia, como no estranxeiro durante a época de verán. Neste último caso o programa, dirixido a alumnado de Bacharelato, desenvólvese en agosto e consiste nunha estancia de tres semanas en réxime residencial ou familiar en diferentes países como Reino Unido, Irlanda, Canadá, Francia, Alemaña e Portugal.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta