Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2023 | Actualizada ás 14:58
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta, Román Rodríguez, confía en que a Avaliación do Bacharelato para ou Acceso á Universidade (ABAU) decorra en Galicia "con total normalidade" entre este martes e este xoves, á vez que lamenta o "enorme mareo" e "confusión" xerado polo Goberno central co novo modelo que pretende implantar.
A partir deste martes, case 12.800 estudantes galegos participarán nestas probas. Un día antes, Román Rodríguez volveu a cargar contra o Ministerio de Educación polo "enorme mare e confusión" trasladado á cidadanía coa "non nata" reforma da selectividade --para incluír cuestións como unha proba de marudez-- que agora mesmo permanece paralizada pola convocatoria de eleccións xerais para o 23 de xullo.
"Eu dixen xa hai tempo que este sistema que expuña o Ministerio non tiña ningún futuro. Ao final lamento ter razón, porque estabamos a ver que non había unha directriz clara e que non se asumía buscar solucións ás problemáticas que existen", esgrimiu. O conselleiro considera que esta actitude do Executivo estatal era "unha constante fuxida cara a adiante" e unha "oportunidade perdida" por unha "pésima capacidade de xestión".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.