Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/01/2025 | Actualizada ás 17:26
A Xunta autorizou ás universidades públicas de Galicia 114 prazas para novos profesores axudantes doutores, en todas as ramas de coñecemento. Segundo explicou o Executivo galego, esta incorporación de persoal enmárcase no 'Programa María Goyri' de incorporación de talento docente e investigador ás universidades públicas españolas, a mediante o cal Galicia prevé a contratación de 166 docentes nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.
O obxectivo do programa é reducir a temporalidade do profesorado universitario, ámbito no que, segundo puntualizou a Xunta, as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña "xa están moi avanzadas a nivel estatal", cuns dos cadros de persoal "máis estabilizados de España".
Desta forma, no caso da Universidade da Coruña, autorizaron a contratación de 30 profesores axudantes doutores. As 19 prazas restantes previstas no programa poderán convocalas ata o final do curso académico 2027/28.
No caso da Universidade de Santiago de Compostela, acaba de autorizarse a contratación de 32 profesores axudantes doutores, cuxos concursos xa foron resoltos en 2024.
Ademais, aprobaron que a USC convoque outras 10 prazas este ano. Os 11 restantes ata completar o total de 53 contratos previstos para esta universidade no marco deste programa poderán convocarse ata o final do curso 2027/28.
Pola súa banda, na Universidade de Vigo deron luz verde á contratación de 39 profesores axudantes doutores e a convocatoria doutro tres prazas; mentres que as restantes 22 poderán tamén sacalas a concurso ata finalizar o devandito ano académico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.