Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 01/01/2025 | Actualizada ás 12:30
Mauro converteuse no primeiro bebé do ano nado en Galicia, segundo informou a Consellería de Sanidade. O seu nacemento produciuse pouco despois das badaladas, ás 00.17 horas, no Hospital Provincial de Pontevedra. Fillo de Andrea Estévez Fernández e César Álvarez García, naceu cun peso de algo máis de tres quilos, en concreto pesou 3,060, conviertiéndose no primeiro nacemento dun bebé na comunidade autónoma.
A segunda en nacer en Ano Novo foi Nora, neste caso no Hospital Clínico de Santiago de Compostela, uns minutos despois de Mauro, en concreto ás 00.24 horas. Filla de María e David, chegou ao mundo cun peso de 3,330 quilogramos. O terceiro nacemento do ano foi Amanda, ás 00.39 horas, filla neste caso de Sabrina e Luisar. A nai deu a luz no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña e o bebé pesou 2,880 quilogramos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.