Un menor de 14 anos colle sen permiso o coche dun familiar e remata accidentado en Laza

Viaxaba con outros dous mozos por unha pista paralela á estrada OU-113, que une as localidades de Verín e Laza.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/01/2025 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

Un menor de 14 anos do municipio ourensán de Laza figura como investigado pola Garda Civil por coller sen permiso o coche dun familiar e sufrir un accidente con envorco cando viaxaba con outros dous mozos. O sinistro produciuse ás 19.30 horas da tarde do pasado xoves nunha pista paralela á estrada OU-113 que une as localidades de Verín e Laza, segundo informou a Garda Civil.

Ata alí mobilizáronse, ademais de efectivos sanitarios e de emerxencias, unha patrulla da Garda Civil, que comprobou que o coche estaba conducido por un mozo de 14 anos que, acompañado por outros dous menores, perdeu o control do vehículo, saíuse da vía e acabou envorcado.

Como consecuencia do impacto, o condutor tivo que ser excarcerado polos profesionais dos servizos de emerxencias para, a continuación, ser trasladado en ambulancia a un hospital, do mesmo xeito que os outros dous ocupantes do turismo. O Equipo de Investigación de Sinistros Viarios de Verín investiga ao menor por conducir un vehículo a motor sen obter nunca un permiso de condución con resultado de accidente.

Accidente de coche dun menor en Laza
Accidente de coche dun menor en Laza | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta