Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/01/2025 | Actualizada ás 19:46
O Concello de Ferrol, debido ao mal tempo, cancelou a chegada dos Reis Meigos por mar ao porto de Curuxeiras e adiantou a saída da comitiva real. Segundo informou o consistorio nun comunicado, a saída será ás 17.00 horas da rúa Venezuela e mantense o percorrido previsto, que finalizará cunha recepción no Concello.
O percorrido será polas rúas Colombia, estrada de Castela, Pontevedra, Cuntis, Roi Xordo, praza de España, María, Méndez Núñez, Real, Rubalcava e praza de Armas. Así mesmo, por motivos de seguridade, nas carrozas non haberá nenos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.