Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2025 | Actualizada ás 20:34
Un condutor que circulaba en sentido contrario en dirección Tui na A-55 provocou un accidente de tráfico, segundo informaron a Europa Press desde o 112 e desde a Garda Civil.
Do suceso tívose constancia sobre as dúas da madrugada no quilómetro 27, á altura da parroquia de Rebordáns, no municipio de Tui.
Segundo o servizo de emerxencias 112, no accidente víronse implicados varios vehículos cun total de tres persoas feridas, delas dúas sendo trasladadas.
Desde a Garda Civil indicaron que o vehículo era conducido por un cidadán portugués que circulou en sentido contrario en dirección Tui-Portugal. Debido a iso colisonou frontalmente contra outro coche e lateralmente cun terceiro.
Como resultado do sinistro, houbo dous feridos leves mentres que o condutor portugués resultou ferido grave, sendo trasladado e ingresado nun centro médico, á espera tamén de que conclúa a investigación para aclarar o sucedido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.