Entregan 1.500 sinaturas na Consellería de Educación para reclamar máis profesorado de apoio en Ponteareas

O CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera ten na actualidade case 60 alumnos e alumnas diagnosticados.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/01/2025 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos 'Pena do Equilibrio' de Ponteareas entregou á Consellería de Educación 1.500 firmas recollidas nunha iniciativa cidadá para demandar o incremento de profesorado de apoio. "Destinado a atender as necesidades educativas especiais do alumnado de CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas", informa nun comunicado.

Nel, incide na "necesidade urxente de reforzar os recursos destinados a atender a diversidade das aulas" e apunta que o centro na actualidade ten "case 60 alumnas e alumnos diagnosticados, que necesitan de distintos apoios para poder ter unha educación en igualdade de condicións que o resto do alumnado". Ademais, sinalan que levan desde principio de curso "cunha situación precaria que cada día que pasa faise máis insustentable" e piden á Consellería a adxudicación "de maneira estable, dun maior número de profesorado de apoio".

CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera en Ponteareas
CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera en Ponteareas | Fonte: Páxinas Galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta