Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2025 | Actualizada ás 19:04
Unha condutora resultou ferida este mércores, tras rexistrarse unha colisión entre dous turismos no municipio coruñés de Santa Comba, e tivo que ser evacuada en ambulancia aínda que, en principio, o seu estado non revestía gravidade. Segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia e do Consorcio contra Incendios e de Salvamento da Coruña, o accidente ocorreu pasadas as 12 do mediodía, e foi un particular o que alertou a Emerxencias de que se produciu unha colisión fronto-lateral entre dous vehículos na Avenida de Santiago.
O 112 deu aviso aos bombeiros do parque de Santa Comba, a Policía Local, Protección Civil e Urxencias Sanitarias 061. Unha das condutoras implicadas no choque foi trasladada, mentres que a outra resultou ilesa. Os bombeiros colaboraron na retirada dos vehículos sinistrados e nas tarefas de limpeza da vía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.