Por Galicia Confidencial | Bos Aires | 09/01/2025 | Actualizada ás 09:36
A comunidade galega de Arxentina tamén honrou este martes a un dos seus insignes representantes, Alfonso Rodríguez Castelao, que morreu en Bos Aires hai 75 anos. Ao acto, celebrado no Centro Galego, participaron o embaixador de España en Buenos Aires, Joaquín María de Arístegui Laborde; o delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro; o presidente do Centro Galego de Buenos Aires, Ramón Suárez e representantes de distintas entidades galegas.
"Castelao, que naceu en Rianxo un 29 de xaneiro de 1886 e finou un día coma hoxe fai 75 anos neste recuncho da galeguidade universal que é o Centro Galego de Buenos Aires, foi ensaista, pintor, debuxante, caricaturista, dramaturgo, médico e político comprometido coa súa terra e a defensa dos seus intereses", apuntaron desde esta institución.
"Gracias al Centro Gallego de Buenos Aires por recibirme, junto a otros representantes de las comunidades gallegas, en esta fecha tan señalada. 7 de enero: 75 aniversario de la muerte de Castelao en esta ciudad, e inicio del Año Castelao", dicía o embaixador español na Arxentina, Joaquín de Arístegui Laborda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.