Emigrantes, votantes do PP, do PSOE, En Marea ou BNG, están de acordo na necesidade de preservar o patrimonio artístico na Arxentina. "Ante situacións excepcionais hai que buscar solucións excepcionais", din e apuntan a creación dunha fundación neste país por parte do Goberno galego que poida ir mercando as coleccións dos distintos centros para a súa preservación.