Durante o acto, o presidente galego, acompañado polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, subliñou que Galicia é un referente no retorno e integración de emigrantes, e remarcou que a estratexia Galicia Retorna non é só unha política de retorno, senón tamén de "recoñecemento", e "unha retribución a quen nunca deixou de sentirse galego a pesar de estar lonxe das súas orixes".