Emprego promete reducir vacantes laborais con formación flexible

O conselleiro lembrou que esta semana visitará Arxentina e Uruguay para impulsar as estratexias de retorno.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/07/2024 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, destaca que o seu departamento traballa en reducir vacantes e flexibilizar a formación para que se adapte ás demandas concretas de empresas para cubrir postos de traballo.

O conselleiro visitou esta tarde a sede da empresa Actemsa e asistiu posteriormente á apertura institucional da sesión plenaria da Cámara de Comercio de Santiago, da que destacou o seu papel como interlocutra coa Administración galega.

Paralelamente, o conselleiro lembrou que esta semana visitará Arxentina e Uruguai para impulsar as estratexias de retorno, con encontros con empresarios e descendentes de emigrados intersados en establecerse en Galicia.

O conselleiro tamén manifestou o seu compromiso co tecido comercial para afianzar o crecemento económico, no marco do cal está aberta a convocatoria do selo de Mercados Excelentes, dotada con 1,3 millóns de euros.

O conselleiro de Emprego, José González
O conselleiro de Emprego, José González

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta