A represión do golpe de estado militar, empresarial, eclesiastico foi feroz, con execucións sumarias, "paseos" nocturnos e cadáveres abandonados nas cunetas. Moitos galegos foron obrigados a fuxir, iniciando un longo período de exilio que os levou a diferentes partes do mundo, incluíndo México, República Dominicana, Cuba e a Arxentina .
Neste contexto, é importante lembrar o exilio de personalidades como Luís Seoane, Castelao, Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo, Praceres Casteláns e Maruja Mallo entre outros.
É hora de recoñecer a gravidade do que sucedeu en Galicia durante aquel período e de honrar a memoria das vítimas do xenocidio galego. Declarar o 20 de xullo como o Día do Xenocidio Galego e o Inicio do Exilio sería un paso importante cara á verdade, a xustiza e a memoria.