A situación económica na Arxentina, Cuba e Venezuela disparou as solicitudes. Os certo é que A Lei de Memoria Democrática (LMD) vai cambiar a composición do electorado español, xa que poderían incorporarse máis dun millón e medio de novos electores, que teñen vínculos co Estado Español A LMD podería ter un impacto na representación política no Estado Español, xa que os novos electores poderían influír nos resultados electorais e a composición do Congreso dos Deputados e os parlamentos autonómicos. O impacto en Galicia pode ser de gran transcendencia. Na actualidade o censo de electores galegos no exterior é de case 500 mil acodes. Na arxentina están censados 170 mil galegos que representa o 35 % do censo electoral.
Unha proxección a partir dos actuais datos, o censo galego no exterior podería aumentar de 600 mil a 900 mil novos votantes. En total entre os actuais censados e os que obterán a nacionalidade poderá chegar a mais dun 1 millón de votantes do exterior.
Á súa vez, o número de electores segundo o INE, que viven na actualidade no estranxeiro (CERA) representa o 17,7% (476.514 persoas). A cifra total de votantes chamados ás urnas supera os dous millóns e medio (2.693.624 persoas).
Estes datos terán un gran impacto nas eleccións ao Parlamento Español e en especial no Parlamento Galego. Nalgunhas circunstancias a maioría no Parlamento de Galicia definíase por tan só un deputado. Con esta proxección os votos da diáspora poden decidir a elección de varios deputados.
Por circunscricións, a provincia da Coruña é a que rexistra un maior número de electores CERA: un total de 164.842. Séguelle Pontevedra, con 138.182; Ourense, con 103.832; e Lugo, en último lugar, con 69.658.
Atendendo ao lugar no que residen, Arxentina segue á cabeza cun total de 166.289 electores, moi lonxe dos pouco máis de 45.000 que rexistran Cuba e Brasil (en segundo e terceiro lugar no ranking). Ou os 34.114 galegos que residen en Suíza, o primeiro país alleo ao continente americano onde se rexistran electores.
A cifra de galegos que residen en Arxentina e terán dereito ao voto nas próximas eleccións resulta máis sorprendente, aínda se comparamos o dato cos electores das capitais de provincia, onde só é superada por tres: Vigo (236.031), A Coruña (197.489) e Ourense (83.549).. Cos novos electores a Arxentina superase a estas cidades. Isto require un debate.