Artigos de Lois Pérez Leira

A omisión inaceptable: vítimas españolas no exterior e a Lei da Memoria Democrática

A Lei da Memoria Democrática, aprobada en 2022, supón un paso importante na recuperación da memoria histórica e a reparación ás vítimas do franquismo . Con todo, existe unha omisión inaceptable nesta lei: a exclusión das vítimas españolas que sufriron xenocidio e desaparicións no exterior, especialmente en América Latina.

Os novos cidadáns: unha forza emerxente na política e a economía

Nos últimos anos, España experimentou un cambio demográfico significativo. A chegada de novos cidadáns, procedentes de diversas partes do mundo, transformou a fisonomía da sociedade española. Estes novos españois, que elixiron España como o seu fogar, están chamados a desempeñar un papel crucial na política e a economía do país.

Os meus recordos chavistas

Hai 33 anos, un sector das forzas armadas venezolanas comandadas por Hugo Chávez Frías tentou unha sublevación militar que non tivo éxito. Aínda que anos despois triunfo co apoio do pobo. Decateime deste acontecemento a través da radio e logo vino por televisión.

20 de Xullo, día do Xenocidio galego

O 20 de xullo de 1936, Galicia e Vigo caeron en mans do réxime franquista, marcando o comezo dun período de represión e exilio para miles de galegos. Este día podería considerarse como o inicio do xenocidio galego, xa que a violencia e a opresión exercidas polo réxime franquista tiveron un impacto devastador na poboación galega.

O voto emigrante (I)

A Lei de Memoria Democrática (LMD) está a permitir que centos de miles de descendentes de españois de orixe, logren obter a nacionalidade. Soamente no Consulado Xeral de Buenos Aires, case medio millón de arxentinos solicitaron a nacionalidade e aínda hai tempo dun ano máis, para solicitala.

Un museo da emigración galega na Estación Marítima de Vigo

A cidade de Vigo, actual motor económico de Galicia, foi durante case dous séculos un punto de partida para miles de persoas que buscaron unha nova vida noutros lugares do mundo.

Pido xustiza

As familias das vítimas galegas queren recibir do goberno español unha declaración de recoñecemento e reparación dos crimes de xenocidio cometidos en Galicia durante a ditadura franquista, na liña do documento presentado polas irmás do militante catalán Salvador Puig Antich (executado o 2 de marzo de 1974) ao ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, no que se recoñece vítima do franquismo e deixa por escrito que o xuízo e a condena foron ilexítimos e a súa condena foi nula.

57 aniversario do asasinato de Ernesto "Che" Guevara en Bolivia

O 9 de outubro conmemorouse o aniversario do asasinato do comandante Ernesto Guevara de la Serna, mundialmente coñecido como o Che. O guerilleiro arxentino cubano, tense convertido nunha das iconas máis famosas do mundo. O seu rostro é sinónimo de rebeldía, especialmente entre a mocidade. Malia aos intentos de comercializar a súa figura e convertelo tan só numha camiseta publicitaria, o Che, e súa vida e pensamento, traspasaron todas as fronteiras.
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.