A historia do seu derradeiro combate xa é dabondo coñecida . Ficaran somente17 sobrevivintes que tentaran romper o cerco inimigo, O 7 de outubro comezaron a baixar cara ao rio. Esa noite Ernesto Guevara fixo a última anotación no seu diario: OUTUBRO 7
Cumpríronse 11 meses da nosa estrea guerrilleira sen complicacións, bucolicamente; ata as 12:30 hora na que unha vellla, pacendo as súas cabuxas entrou no cañón onde acampábamos e houbo que prendela. A muller non deu ningunha noticia fidedigna sobre os soldados, contestando a todo que non sabía, que había tempo que non ía por alí. Só deu información sobre os camiños;como resultado do informe da vella despréndese que estamos aproximadamente a unha legua de Higueras e a outra de Jagüey e a unhas duas de Pucará. Ás 17:30, Inti, Aniceto e Pablito, foron á casa da vella que tiña unha filla encamada e outra medio anana, déronselle 50 pesos coa encarga de que non fose falar nin palabra, pero con poucas esperanzas de que cumprira a pesar das súas promesas. Saímos os 17 cunha lúa moi pequena, a marcha foi moi fatigosa, e deixando moito rastro polo cañón onde estábamos, que non tiña casas perto, pero si sembradíos de patacas regados por acequias do mesmo regato. Ás dúas paramos a descansar, pois xa era inútil seguir avanzando. O Chino convértese nunha verdadeira carga cando hai que camiñar de noite.
O exército deu umha rara información sobre a presenza de 250 homes en Serrano para impedir o paso dos cercados en número de 37, dando a zona do noso refuxio entre o río Acero e Oro. A noticia parece diversionista. h-2,00 ms.
O 8 de outubro foron sorprendidos no alto da crebada do Churo. O Che Guevara ordenou dividir o grupo en dous, enviando aos doentes diante e quedándose co resto para enfrontar ás tropas do goberno.
Transcorridas 3 horas de combate, Guevara resultou ferido levemente nunha perna e capturado con Simeon Cuba ( Willy), mentres que 3 dos seus homes perderon a vida.
O 9 de outubro de 1967 pola mañá, o goberno de Bolívia anunciou que Ernesto Guevara morrera en combate o día anterior. Simultaneamente chegaron o coronel, Joaquín Zenteno Anaya e o axente da CIA, Felix Rodriguez. Pouco despois do mediodía, o presidente Barrientos deu a orde de executar ao Che Guevara. Tanto a CIA como o exército boliviano foron responsábeis do asasinato do arxentino máis universal. O xeneral Perón escribe en Madrid, desde o seu exilio, informado do seu asasinato: "Hoxe caeu nesa loita, cómo un heroe, a figura xove máis extraordinaria que deu a revolución en Latinoamérica: morreu o comandante Ernesto "Che" Guevara".