A Xunta teme que o choque entre Milei e o Goberno español pase factura ás empresas galegas na Arxentina

Rueda non comparte a "estratexia de confrontación" entre os dous gobernos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/05/2024 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

O presidente galego teme que a crise diplomática aberta entre os gobernos de España e Arxentina poida afectar ás empresas galegas neste país tras o choque político provocado polas declaracións do presidente arxentino, Javier Milei, que acusou á muller de Pedro Sánchez de ser unha "corrupta".

O ultradereitista da Arxentina Javier Milei
O ultradereitista da Arxentina Javier Milei | Fonte: LPL - Arquivo

Unhas declaracións que provocaron que o Goberno español reaccionara chamando a consultas á Embaixada da Arxentina en España e tamén á de España en Arxentina. Unha medida que pode provocar unha ruptura de relacións diplomáticas entre os dous países. "Espero que se distinga a confrontación política dos intereses empresariais, pero --esta crise-- favor non lle fai ningún", dixo Rueda na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Así, o presidente galego lembrou a súa recente visita a Arxentina, onde mantivo encontros con membros de Pesca deste goberno e coa presenza do embaixador español. "Un clima de boas relacións é o que mellor precisan as empresas", dixo.

O xefe do Executivo galego tamén rexeitou esta polémica. "A min esta política na que un ministro chama drogadicto ao presidente dun país e este contesta falando da muller do presidente español non me gusta", dixo. "É unha estratexia de confrontación probablemente buscada polas dúas partes, que non comparto", engadiu.

Neste sentido, defendeu a postura do seu partido --aínda que realmente hai duas posturas; a de Miguel Tellado máis dura co Goberno español, e a de Esteban González Pons, máis crítica coa do Goberno arxentino-- "que non entrou nisto". "O Estado non é o presidente pero esta estratexia de confrontación do PSOE coa colaboración inestimable de Vox e o presidente arxentino non é boa e preocupamen que poida ter efectos no que lle preocupa a Galicia", mantivo.

CRÍTICAS A PUENTES

Hai uns días Rueda era máis duro co ministro de Transportes, Óscar Puentes, a quen pedía que se disculpara con Milei e co Goberno arxentino logo de dicir nun acto que o presidente arxentino "tomaba substancias."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 fer

¿pero cando a estratexia de confontracion e acusar de etarras os do bng esa a rueda na rexeitas? ay ruediña que se lle ven as costuras.