Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2024 | Actualizada ás 12:59
O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a concesión definitiva das 250 Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME), que permitirán a mozas do exterior cursar algún dos máster ofertados polo tres universidades galegas.
Tal e como lembrou a Xunta, trátase dun programa de axudas que ofrece a Secretaría Xeral de Emigración e que alcanza xa a súa oitava edición co obxectivo de fomentar o retorno da mocidade galega residente o exterior.
A listaxe que se publica no DOG ten en conta as alegacións presentadas polos galegos que optaron a estas axudas, así como a recepción dos xustificantes da matrícula dos alumnos e alumnas nos diferentes master, establecéndose unha quenda de persoas suplentes para cubrir posibles renuncias ou baixas.
O maior número de persoas beneficiarias proceden de Arxentina, Venezuela, Uruguai, Brasil e Reino Unido, das que 113 cursarán os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela (USC), 84 na de Vigo (UVigo) e 53 na da Coruña (UDC). O prazo de solicitude das BEME pechouse este ano con máis de 850 galegos universitarios do exterior interesados en realizar un master nunha do tres universidades públicas galegas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.