Por X.C. | Vigo | 22/05/2024 | Actualizada ás 22:00
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, emprazou este mércores ao xefe do Executivo, Pedro Sánchez, a explicar ante o Pleno do Congreso as actividades profesionais da súa muller porque, ao seu entender, actuacións como as súas cartas de recomendación non son algo "ético nin estético". É máis, ameazou ao presidente do Goberno con levalo "obrigado" ao Senado se non ofrece esas aclaracións de forma voluntaria.
"Con todo o que sabemos e sabe que queda por saír, non vaia de vítima, porque non o é. Vaia de presidente. Dea as explicacións claras que lle esixe o seu cargo, queira ou non, gústelle ou non, é unha saída máis digna", declarou Feijóo na súa intervención no debate que se celebra na Cámara Baixa.
Ademais, Feijóo asegurou a Sánchez que "tampouco debería converter en vítima a ninguén da súa contorna". "E vou dicirlle por que: que o seu Goberno acepte recibir cartas de recomendación de quen non debe e que poidan chegar a ser atendidas é a súa responsabilidade. Así que contésteme", retou de novo ao xefe do Executivo.
"ISO NON PODE FACERSE", "ESTÁ MAL"
Así, preguntoulle directamente se lle consta ou non que a súa muller "ten a condición de investigada nun xulgado de Madrid" e se sabía que "recomendaba empresas contratistas do seu Goberno". "A min non me corresponde dirimir se iso é legal ou non. A diferenza de vostede, respecto o traballo dos xuíces. Pero si lle podo dicir con toda convicción que iso non pode facerse, que está mal. Que non é ético nin é estético", aseverou, cultivando un aplauso do a bancada 'popular'.
Feijóo avisou que se non se explica no Congreso hoxe, farao na Cámara Alta, onde o Grupo Popular ten maioría absoluta. "Non teña vostede ningunha dúbida, farao obrigado no Senado. Pídolle tamén que se deixe de jueguecitos", engadiu.
AS PORTADAS INTERNACIONAIS DE SÁNCHEZ "QUE AVERGOÑAN"
Ademais, recalcou a Sánchez que o seu "maior hit" na prensa internacional non é sobre Ucraína ou Palestina senón sobre a "corrupción", en alusión ás informacións sobre as actividades da súa muller, subliñando que esa é a "imaxe que exporta de España". "Estas son as portadas, señor presidente, das que nos avergoñamos todos os españois", espetoulle, mostrando esas portadas de medios internacionais ao hemiciclo.
E AS DE FEIJÓO NON AVERGOÑAN?
As redes non tardaron en responder a Feijoo amosando capturas de pantallas da trascendencia que tivo a súa relación con Marcial Dorado, condenado a 14 anos de cárcere en 2003 por tráfico de cocaína. Unha segunda condena logo de que fose condenado por tráfico de tabaco nos anos 90.
Son muchas, le pongo algunas para que las repase. Todas ellas tienen algo en común "drug" "Feijoo" "Marcial Dorado" "Spain" pic.twitter.com/ocwLMoLEmc
— Carlos De Castro (@carlosIucus) May 22, 2024
No me hagas reír. pic.twitter.com/wC5ycuTCnA
— Catalina (@KVASpain) May 22, 2024
Así le conocen a usted. pic.twitter.com/yBgAthmGgI
— mariam (@mariamarg37) May 22, 2024
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- O Concello de Santiago acusa á Xunta de avisarlles "sen apenas tempo" dos seus actos institucionais
- Rueda sobre a "operación Cuíña": "Cando saibamos o que quere, valoraremolo"
- Galicia non "ten capacidade para tratar adecuadamente" aos menores migrantes, segundo Rueda
- Rueda di que se podería financiar a Altri se a Xunta xestionara os fondos Next Generation
- Bernardo Fernández presenta a súa precandidatura para revalidar a Secretaría Xeral do PSOE coruñés
- O BNG rexeita que os MIR de último ano reforcen no verán: "Queren converter unha medida excepcional en permanente"