"Os xoguetes son fundamentais para garantir o correcto desenvolvemento das habilidades dos nenos, incluída a visión", asegura Alexander Dubra, membro do Colexio de Ópticos Optometristas de Galicia, que advirte de que "expoñelos a unha pantalla que os deixa como petrificados, evidentemente, non lles axuda ao correcto desenvolvemento da visión".
  comenta   0
As máis e os máis pequenos xa teñen un contido inédito en Galicia para a súa aproximación ás pantallas. Trátase de Bibopalula, a primeira serie musical de debuxos en lingua galega, que veñen de estrear a produtora Undodez e a Televisión de Galicia a través de xabarin.gal e a aplicación móbil do Xabarín.
  comenta   0
Desde o inicio do curso vense protestas por parte de diferentes estamentos da comunidade educativa de distintos centros escolares pedindo máis profesorado e unha relación entre o número de docentes e de alumnado que permita afondar na atención á diversidade e nas tarefas como o apoio educativo ou a adquisición de linguas. Neste artigo insístese en que só é posible unha educación de calidade cun número axeitado de docentes, por enriba de calquera outro parámetro diferente.
  comenta   0
"A xente nova ve nas persoas que saen nas pantallas e nas redes sociais referentes dignos de imitar, molóns, persoas que marcan tendencia... E, entre eles, evidentemente, o peso do castelán é asoballante", expón o tamén investigador do ILG. "Urxe protexer aos mozos que falan galego; sen base de falantes, perdemos o futuro da lingua", advirte.
  comenta   2
Segundo un estudo de Unicef, o 94,8 % dos adolescentes dispón de móbil con acceso a Internet, cunha idade medio de acceso ao primeiro dispositivo de 10,96 anos. O 50,5 % teñen conexión á rede por contrato. Dende o Galicia Confidencial falamos cos psicólogos Joaquín González-Cabrera e Juan Manuel Machimbarrena, creadores de Safety.net, da necesidade da prevención conxunta de ameazas 'online'.
  comenta   0
Actualmente hai xa un 30 % de adoslecentes que comezan a presentar problemas de conduta relacionados co uso dos móbiles e das pantallas, dos cales arredor dun 3 % poderían ser considerados adictos no sentido máis estrito da palabra. A taxa de ideación suicida en menores sitúase nun 12,7 %.
  comenta   0
Alexander Dubra, óptico-optometrista, advirte de que "estamos vendo cada vez máis estudantes miopes e, ademais, chegan a nós xa cunha miopía maior que antes", algo que se ve motivado tamén polo feito de forzar aos ollos a ver de preto durante todo o tempo, tamén nos momentos de ocio, cos móbiles e as 'tablets'.
  comenta   0
Será o vindeiro domingo e enfrontará á Selección Española contra Inglaterra.
O psicólogo Roberto Antón Santiago asegura que "se tende moito a estigmatizar este tipo de cousas e de condutas propias da adolescencia, como se todo o que fan os rapaces e as rapazas fose problemático, sen lembrarnos de que nós faciamos o mesmo aínda que fose doutro xeito".
  comenta   0
"O sabor que compartimos" é o lema desta acción promocional de Coren que terá como protagonistas aos xogadores máis emblemáticos do Celta e do Deportivo.
  comenta   0
O líder do PP acusa ao presidente español de "exportar" de España a imaxe da corrupción. Non tardaron en responderlle numerosos chíos en redes lembrando a súa amistade con Marcial Dorado.
  comenta   0
Durante os sete días de campaña de vixilancia e control de velocidade que realizou a DGT entre os días 17 e 23 de abril de 2023, os axentes controlaron a velocidade a 154.028 vehículos en Galicia. Do total de vehículos controlados, 10.866 condutores resultaron infractores e, por tanto, denunciados por exceso de velocidade.
  comenta   0
A Mesa do Congreso convocou este martes un concurso para a adxudicación dun contrato de servizos de tradución, interpretación, transcrición e subtitulado en directo ao castelán das intervencións que se realicen en linguas cooficiais nos diferentes espazos da Cámara.
  comenta   0
A pita de Eiroás, os troteiros de Bande, Paquita e Nicanor de Seixalbo, os farrumecos de Sobradelo ou os volantes de Santiago da Riba.
  comenta   0
Ler é pensar e tamén emocionar. Por iso, o gusto pola lectura débese crear moito antes de que os nenos lean. Durante a lectura compartida, o lector experto moldea, motiva e guía ao novel para que mellore a súa comprensión lectora e fluidez lingüística.
  comenta   0
Dende Ecoloxistas en Acción veñen de publicar unha guía básica para nais, pais e docentes sobre medios dixitais, titulada 'Medrar de forma saudable nun mundo dixital', coa que pretenden respostar, aportando evidencias científicas e datos, ás preocupacións dos pais e minorar as problemáticas da dixitalización na educación e na vida cotiá.
  comenta   0
Así o afirma Julio Díaz, do sindicato do profesorado Anpe, sobre as protestas que están a xurdir pola educación con dispositivos E-dixgal. Considera que "non temos que negar que nestes momentos os nosos alumnos viven máis no mundo dixital que no analóxico". Ademais, amósase preocupado polo uso dos móbiles, pois asegura que "nos descansos de 5 minutos o primeiro que fan os nenos é coller o móbil e ver cantas mensaxes teñen".
  comenta   0
"Moitos papás din que teñen programas de control parental instalados nos dispositivos dos seus fillos, pero non saben que hai outros programas que os rapaces coñecen e que son capaces de vulnerar ese control parental", conta Caldeiro, que asegura que, así as cousas, "o que fai falta é máis dedicación e tempo, dentro dunha sociedade tan apurada".
  comenta   0
Problemas de concentración, de desenvolvemento, estrés, adicción... Son só algúns dos efectos que pode ter nos menores unha exposición prolongada ás pantallas. A OMS recomenda non superar as dúas horas ao día, pero nun total de 630 colexios galegos isto non se está a cumprir.
  comenta   0
Sabes como pai o que fai o teu fillo na rede? Coñeces os perigos de Internet? O 13 % dos pais descubriu aos seus fillos falando con descoñecidos en Internet e o 15 % viu como compartían información persoal, como o nome do centro educativo no que estudaban, segundo os datos dun informe elaborado por Kaspersky.
  comenta   0
O filme de Rodrigo Sorogoyen arrasou no despacho de entradas. O que Arde e O Corno tamén son exemplos de que o cinema galego gusta. No polo oposto, Matria, que non acadou os obxectivos agardados a pesar de ser amplamente publicitada en xornais e valados publicitarios.
  comenta   1
Trátase dun conxunto de computadores portátiles, con carro de carga incorporado, que pode desprazarse a calquera aula do centro educativo para convertela nunha aula dixitalizada.
  comenta   0
Máis dunha hora sen tan sequera música de fondo estivo agardando o auditorio de Castrelos ao dj francés, que saltou ao escenario sen apenas ouvirse nin verse, pois as pantallas xigantes foron usadas como focos, en lugar de como cámaras. Máis aló das gradas, as 125.000 persoas congregadas no lugar, segundo Abel Caballero cifrou, non eran quen de diferenciar a canción que estaba a soar en cada momento.
  comenta   0
Máis do 75% dos menores de 2 anos sobrepasan os límites de exposición a pantallas, os expertos advirten desta problemática.
  comenta   0