Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2024 | Actualizada ás 23:07
O Concello de Santiago, gobernado en coalición polo BNG e Compostela Aberta, rexeitou dedicar "diñeiro público" a instalar pantallas xigantes para que os cidadáns puidesen seguir en espazos públicos a final da Eurocopa que xogará España o domingo, tal e como propuxera o PP.
Fontes do goberno municipal lembraron que tampouco se instalaron pantallas para seguir á Selección de Fútbol Feminina en 2023, nin tan sequera para seguir o partido no cal o Obradoiro xogouse o descenso de categoría.
Á parte de pantallas xigantes na Praza Vermella, o PP propuxera ao Concello compostelán que se adoptasen todas as medidas de seguridade necesarias e tamén a prestación de servizos sanitarios para seguir en espazos públicos o partido do próximo domingo ás 21,00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.