O número de galegos no exterior sobe un 2,48 % polos descendentes nados xa no seu país de destino

Este incremento é inferior ao rexistrado a nivel nacional, xa que no total de España o número de cidadáns españois que residen fóra das fronteiras creceu un 4,7 %, superando a barreira dos tres millóns a 1 de xaneiro de 2025, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2025 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O número de galegos residentes no exterior subiu un 2,48 % en 2024, ata 548.252 persoas, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press. Este incremento é inferior ao rexistrado a nivel nacional, xa que no total de España o número de cidadáns españois que residen fóra das fronteiras creceu un 4,7 %, superando a barreira dos tres millóns a 1 de xaneiro de 2025. Segundo explica a Xunta nun comunicado, o número de emigrantes galegos (persoas que naceron en Galicia e residen fose) volveu a baixar en máis de 2.172 persoas, "continuando a tendencia dos últimos exercicios".

Reencontro de emigrantes galegos e familiares en Lavacolla
Reencontro de emigrantes galegos e familiares en Lavacolla | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Con todo, a poboación galega total que reside no exterior incrementouse debido ás novas inscricións de descendentes de galegos nados xa no estranxeiro. Por provincias, a maioría dos galegos que viven no estranxeiro pertencen á Coruña, con 190.390, un 2,4 % máis. Ademais, 160.638 son pontevedreses, un 2,4 % máis. De Lugo son 78.889 persoas, un 3,4 % máis, mentres que de Ourense son 118.335, un 2 % máis. Por países, a maioría reside en Arxentina, con 185.186; seguido de Brasil, con 52.459; e de Cuba, con 50.656; e Uruguai, con 42.982. En quinta posición está o primeiro país europeo, Suíza, con 41.043 persoas; e, a continuación, Venezuela, con 30.000.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta