Por Europa Press / Redacción | VIGO | 19/03/2025 | Actualizada ás 14:33
Un incendio nunha nave industrial situada na localidade pontevedresa de Ponteareas continúa activo a esta hora tras iniciarse pasadas as 12.00 horas deste mércores ao arder unha máquina e leña amoreada. Segundo informa o 112 Galicia, tras ter constancia do suceso a través dunha chamada o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxo en marcha os mecanismos para a mobilización do GES-Bombeiros de Ponteareas, os Bombeiros de Baixo Miño e o GES de Mos, aínda que finalmente estes últimos volveron á base ao ser suficientes os demais medios.
Ademais, no punto había un camión de Incendios Forestais coa posibilidade de dar servizo aos equipos de extinción nun momento determinado. Por precaución, tamén se desprazou ao lugar unha ambulancia do 061-Galicia, aínda que non se rexistraron danos persoais. A esta hora, os servizos de extinción avanzan "a bo ritmo" e o incendio quedará apagado "en pouco tempo", segundo o 112. En cando a danos, os efectivos explicaron que ardeu unha máquina no interior da nave e leña amoreada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.