A CIG denuncia "represión" na asociación de atención a persoas con discapacidade Amicos

Convoca unha concentración o mércores 26 en Boiro, onde está o centro integral.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/03/2025 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

A CIG denuncia "represión" a traballadores na asociación Amicos, para atención de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e as súas familias. A central nacionalista convocou este mércores unha rolda de prensa para dar "visibilidade" ao feito de que nos dous últimos anos cónstanlle polo menos 20 despedimentos "sen ningún sentido ou explicación", ademais de 18 persoas que deixaron a asociación, unha situación "máis que grave", en palabras do secretario comarcal de CIG-Ensino Rubén Monteagudo.

En declaracións a Europa Press, Monteagudo explica que a CIG denuncia "incumprimentos de convenio" por parte de Amicos en aspectos como o tempo de descanso semanal, a inxección de medicamentos e o plan de igualdade. Tamén critica a "campaña de difamación" --xa denunciada ante a inspección de traballo-- das delegadas da central nacionalista na asociación, coa "conivencia", afirma, da outra organización sindical, UXT.

UNS 100 TRABALLADORES

Ante esta situación, convoca a toda a cidadanía do Barbanza a participar nunha concentración o vindeiro mércores 26 de marzo en Boiro, fronte ao concello, ás 19,30 horas. Segundo os datos de Monteagudo, Amicos conta cun persoal duns 100 traballadores, un centro integral en Boiro e outro en Oleiros (A Coruña).

Concentración do persoal de Amicos
Concentración do persoal de Amicos | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta