Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/03/2025 | Actualizada ás 11:24
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, iniciará a próxima semana unha viaxe de cinco días por Arxentina e Uruguai no que participará na feira de emprego organizada polo Goberno autonómico en Buenos Aires. O obxectivo principal é apoiar ás empresas galegas na captación de talento exterior, reforzar as relacións institucionais e reunirse coa colectividade galega no exterior.
Deste xeito, Rueda asistirá a unha das dúas feiras de emprego que a Xunta celebra este mes no exterior dentro dun plan de captación de talento co foco posto nos galegos da diáspora que queiran retornar á comunidade.
Segundo detallou a Xunta nunha nota de prensa, tanto Buenos Aires como Montevideo acollerán senllos eventos para promover a atracción de traballadores cualificados e para facilitar que as empresas cubran vacantes en sectores estratéxicos. Ademais, entre o 6 e o 10 de marzo, o titular do Goberno galego, reunirase con diferentes representantes das institucións do outro lado do Atlántico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.