Estrea a nivel estatal no FIOT da sensación arxentina ‘El brote’

Este espectáculo foi estrado no ano 2023 e converteuse nun verdadeiro fenómeno da carteleira de Bos Aires, recibindo diversos premios. A obra retrata con acidez as relacións humanas e as frustracións contemporáneas, convidándonos a mirarse e buscar os límites propios. Será no Pazo da Cultura este sábado 19 ás 20:00 h. O domingo 20, a protagonista será Malena Alterio coa peza 'Los amigos de ellos dos'.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 19/10/2024 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, continúa a andaina da súa 33ª edición con interesantes propostas teatrais na fin de semana.

Unha escea de 'El brote'. Foto: Org. FIOT.
Unha escea de 'El brote'. Foto: Org. FIOT.

O sábado 19 chegan ao FIOT dúas novas propostas de micro-teatro no marco do Certame Micro-Escenas M2Rebel Rebe, de Vórtice Escénico, que poderá verse na tenda de roupa Akira; e Teño un carabel no peito, de Aviva-Lo, na Fonte da Cristina.

Este mesmo día, pero ás 20.00h, terá lugar a estrea en España de El brote, da compañía Criolla. Cun ritmo vertixinoso, esta comedia, por momentos moi negra, móstranos a cara interna do teatro e retrata con acidez as relacións humanas e as frustracións contemporáneas, convidándonos a mirarse e buscar os límites propios. Este espectáculo foi estrado no ano 2023 e converteuse nun verdadeiro fenómeno da carteleira de Bos Aires, recibindo diversos premios. Considerado como un das figuras máis relevantes do teatro arxentino da última década, o autor e director Dionisi, crea unha obra poética e conmovedora interpretada con paixón e virtuosismo por Roberto Peloni.

Ao finalizar a representación de El brote, no mesmo auditorio do Pazo da Cultura, terá lugar a entrega do galardón Xograr de Outono 2024 a Avelino González.

Para o domingo 20 de outubro, ás 20.00h, no Pazo da Cultura de Carballo, Malena Alterio regresará ás táboas de Carballo para presentar a función Los amigos de ellos dos, unha comedia dramática reflexiona sobre como as persoas se senten valoradas polos seus achegados, as inseguridades e percepcións que os rodean, e papel que cada un ocupa nesta sociedade. Daniel Veronese ten unha das traxectorias máis relevantes do novo teatro arxentino, con máis de 25 premios, entre eles o Premio Nacional de Dramaturxia de Arxentina ou o Max Iberoamericano. Nesta obra dirixe a dous recoñecidos intérpretes e tamén multipremiados, Malena Alterio (último Goya á interpretación feminina) e David Lorente, que nos conducirán entre a risa e a reflexión para explorar os vínculos humanos e as súas complexidades.

ACTIVIDADES PARALELAS

O sábado 19 ás 13:00 h. haberá unha conversa coa artista Paula Quintas, nunha nova sesión de Onda FIOT --Escola do Espectador nas Ondas-- no Salón Social do Pazo da Cultura. E para o domingo 20, unha atractiva sesión de ‘Café con’ Malena Alterio e David Lorente. Neste caso, o lugar de encontro será o Salón da TV, ás 18.00 h. Ambos encontros son de libre acceso ata completar a capacidade da sala.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta