Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2025 | Actualizada ás 11:02
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, encárgase dos asuntos da Presidencia da Xunta mentres dure a viaxe institucional que Alfonso Rueda emprende a Arxentina e Uruguai. Así o establece un decreto publicado este xoves no Diario Oficial de Galicia asinado polo máximo mandatario galego o pasado luns, día do último Consello da Xunta.
Rueda realiza entre este xoves e o luns unha viaxe por Arxentina e Uguruay no que participará na feira de emprego organizada polo Goberno autonómico en Buenos Aires. O obxectivo principal é apoiar ás empresas galegas na captación de talento exterior, reforzar as relacións institucionais e reunirse coa colectividade galega no exterior.
Deste xeito, Rueda asistirá a unha das dúas feiras de emprego que a Xunta celebra este mes no exterior dentro dun plan de captación de talento co foco posto nos galegos da diáspora que queiran retornar á comunidade.
Tanto Buenos Aires como Montevideo acollerán senllos eventos para promover a atracción de traballadores cualificados e para facilitar que as empresas cubran vacantes en sectores estratéxicos. Ademais, entre o 6 e o 10 de marzo, o titular do Goberno galego, reunirase con diferentes representantes das institucións do outro lado do Atlántico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.