Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2025 | Actualizada ás 20:39
Un mozo de 17 anos de idade veciño de Ferrol falta desde o sábado, xornada na que saíu en tren destino a Santiago de Compostela, cidade na que estuda, segundo informou a Asociación SOS Desparecidos.
Ante iso, conforme sinalou, púxose unha denuncia de desaparición na Comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela, que foi ampliada na Comisaría de Ferrol. O mozo, con identidade D.D.S., ten 17 anos e mide 1,75, ten complexión grosa e pelo castaño. Levaba posto pantalón e chaqueta negra e utiliza dúas muletas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.