Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2025 | Actualizada ás 18:31
A OMS e Unicef renovaron a súa acreditación ao Hospital do Salnés como centro sanitario de referencia na humanización da atención ao nacemento e a lactación.
O acto de entrega da reacreditación contou coa presenza do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García; do delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera; e do xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores.
O conselleiro mostrou a súa satisfacción por esta acreditación IHAN, que "certifica o gran compromiso do Hospital coa asistencia humanizada ao nacemento e á lactación".
Incidiu ademais en que este compromiso é froito do traballo dos profesionais deste hospital, que "garanten que todas as nais e os seus fillos reciban o apoio necesario para iniciar e manter a lactación materna con éxito".
Gómez Caamaño reivindicou que a Xunta defende a lactación materna como a mellor fonte de nutrientes para o correcto desenvolvemento infantil. Por iso, considera "moi importante" a promoción dunha boa educación prenatal e políticas sanitarias que fomenten a súa práctica e apoien ás nais no seu exercicio.
Pola súa banda, o máximo responsable do Sergas subliñou que o Hospital do Salnés hai 20 anos que xa é recoñecido con esta distinción, "converténdose nun exemplo de humanización e de calidade asistencial".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.