Trasladan ao hospital unha muller logo de envorcar co seu vehículo en Catoira

Ata o punto desprazáronse os profesionais sanitarios, o GES de Padrón, Garda Civil de tráfico e Protección Civil de Catoira

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2025 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia



Unha muller tivo que se trasladada ao Hospital do Salnés tras envorcar co seu vehículo na PO-548 ao seu paso polo municipio pontevedrés de Catoira.

Segundo informou o 112 Galicia, foron varios particulares os que sobre as 14.20 horas desta xornada deron a voz de alarma e o suceso produciuse no quilómetro cinco da vía na parroquia de Oeste.

Ata o punto desprazáronse os profesionais sanitarios, o GES de Padrón, Garda Civil de tráfico e Protección Civil de Catoira.

Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia / Urxencias Sanitarias - Arquivo / Europa Press
Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia / Urxencias Sanitarias - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta