A consecuencia do impacto, dous mozos quedaron atrapados e tiveron que ser rescatados polos bombeiros. Unha vez liberados foron evacuados en ambulancia xunto co terceiro ocupante, todos eles en estado grave.
  comenta   0
O Sergas adxudicou por 12.043.950 euros, por un período de dous anos, o novo contrato de transporte sanitario da área de Santiago-Barbanza á unión temporal de empresas (UTE) TSNUX Santiago e Barbanza.
Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO denunciaron que ante o cambio de concesionaria, a anterior empresa (Ambulancias do Atlántico) realizou "polo menos sete despedimentos", "varias non renovacións" e provocou outras "incertezas" que afectan ao persoal.
Segundo sinalaron os sindicatos CIG, CC.OO. e USO, a pesar das advertencias e avisos ao Sergas e á área sanitaria de Vigo, persisten problemas como falta de subministracións funxibles, problemas de respostos para os desfibriladores, problemas cos traxes EPI, etc., aos que se suman ambulancias en mal estado de mantemento.
Lembran que un mozo gravemente ferido nun accidente cun patinete eléctrico de Vilagarcía tivo que ser atendido por un equipo médico que foi trasladado nun vehículo da Policía Local.
  comenta   0
Segundo informaron a Europa Press fontes do 112, un particular avisou ás 11.40 horas de que un home estaba esborrallado no chan e de que necesitaba asistencia sanitaria.
A Consellería de Sanidade avanzou que licitará os contratos de transporte sanitario non urxente "no prazo máis breve de tempo posible".
  comenta   0
Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron as que máis sinistros rexistraron, con 22 accidentes de tráfico cada unha durante os desprazamentos destas datas, seguida de Ourense, con nove, e de Lugo, con cinco.
  comenta   0
Segundo informa a CIG, o preacordo reúne "todos os puntos" da táboa reivindicativa e foi aprobado este mércores por unanimidade nunha asemblea de traballadores.
Denuncian que en Ambulancia Casablanca danse circunstancias como que "se cambian xornadas de mañá á tarde" e viceversa "sen previo aviso"; os traballadores teñen que "lavar os uniformes en casa"; as horas extra "non se abonan" e "presiónase" aos empregados que o reclaman.
Para a CIG, a Xerencia da área Sanitaria de Ferrol é "cómplice" desta situación, xa que de forma "unilateral" impuxo a realización dunhas tarefas e funcións "que non corresponden ao persoal de transporte sanitario", provocando que se atrasen os tempos de traslado dos pacientes.
  comenta   0
Ambulancias Civera continuará co servizo. A CIG pídelle á Xunta máis investimentos para evitar estas situacións.
  comenta   0
O consello da Xunta deu luz verde este luns á contratación, por procedemento de emerxencia, do servizo de transporte sanitario urxente na área de Vigo, cun orzamento de 2,9 millóns de euros (sen IVE) e 6 meses de duración, mentres se tramita un novo contrato por procedemento aberto.
Termina sen acordo a reunión entre persoal de ambulancias de Vigo e Consellería. O Sergas pide "responsabilidade" a sindicatos e estes critican a "nula" intervención da Xunta e exporán unha posible folga.
A UTE de ambulancias entre Servicios Sanitarios del Cantábrico (de HTC Group) e Ambulancias Casablanca, novo foco de tensión para a Xunta. Os e as traballadoras denuncian arbitrariedades e Sanidade decidiu retirar o contrato de licitación da plataforma de contratación da Xunta.
  comenta   0
Sindicatos e 061 acordan "unha supervisión constante" sobre Ambulancias do Atlántico para garantir o servizo de transporte sanitario
Para atender esta demanda, a Consellería de Sanidade acordou que o número de vehículos de transporte sanitario dispoñibles como servizo esencial para as xornadas de folga sexa de 24 vehículos en total. A CIG comunicou a convocatoria dunha folga para os días 17, 24, 26 e 30 de abril e 2 de maio, que afectará o persoal da empresa Ambulancias Civera, S.L.
  comenta   0