Asistidas 80 persoas en 60 accidentes de tráfico en Galicia este fin de semana

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2024 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a un total de 80 persoas debido a 60 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas.

En concreto, tal e como detallou o 061, o período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, día 5 de xullo, ata as 23,59 horas do domingo, día 7. O domingo foi a xornada na que máis accidentes se rexistraron, con 27 sinistro.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 79 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 60 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061, que atendeu a un total de 80 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 54% e do 46% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 24% dos atendidos tiña entre 25 e 39 anos.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron as que máis sinistros rexistraron, con 25 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas. Pola súa banda, en Lugo, rexistráronse sete; e en Ourense, tres.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas do 061 foron 73. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 10 accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico en 58 sinistros.

Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia
Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta