Queda deserto outro concurso de ambulancias da Xunta, o da área de Pontevedra

Ambulancias Civera continuará co servizo. A CIG pídelle á Xunta máis investimentos para evitar estas situacións.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 22/05/2024 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

Ambulancias Civera, actual adxudicataria do transporte sanitario para a pacientes da área de Pontevedra e O Salnés, seguirá realizando este servizo despois de que este luns 20 de maio se pechase o prazo sen que se presentasen ofertas no novo concurso para outorgar esta concesión.

O xerente da área Sanitaria, José Flores, confirmou que "non se presentou ninguén" a este concurso, polo que a Administración sanitaria ten que "prorrogar o contrato á empresa actual por necesidades do servizo e por interese público" ata que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) poña en marcha unha nova licitación. Trátase da segunda ocasión na que o concurso queda deserto.

O responsable da Federación galega de Alimentación, Mar, Transporte e Téxtil (FGAMT) da central sindical CIG, Xavier Aboi, entende que é necesario un maior investimento económico por parte da Xunta de Galicia para resolver esta ausencia de empresas interesadas no concurso.

Segundo Xabier Aboi "con sete ou oito millóns de euros resolven a situación actual deste servizo en Galicia". O representante de CIG tamén recoñeceu que "coas actuais condicións non se presenta ninguén" a pesar de que "empresas interesadas e serias de aquí hainas", polo que reclamou unha mellora das condicións de face a unha nova licitación do servizo.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta