Ambulancias de Ferrol convocan protestas tras ter que asumir funcións que non lles corresponden

Para a CIG, a Xerencia da área Sanitaria de Ferrol é "cómplice" desta situación, xa que de forma "unilateral" impuxo a realización dunhas tarefas e funcións "que non corresponden ao persoal de transporte sanitario", provocando que se atrasen os tempos de traslado dos pacientes.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 27/05/2024 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Persoal das empresas Servizos Sanitarios do Cantábrico, Ambulancias Ortigueira e Ambulancias do Nordés, todas elas integrantes dunha UTE que realiza o transporte sanitario non urxente da área Sanitaria de Ferrol, convocaron protestas ante a "deterioración das condicións de traballo" e os "sucesivos incumprimentos" que viven. Nun comunicado, a CIG denunciou a situación destes traballadores, que decidiron en asemblea levar a cabo unha serie de mobilizacións ao longo dos próximos días.

Rolda de prensa da CIG sobre o transporte sanitario de Ferrol. CIG
Rolda de prensa da CIG sobre o transporte sanitario de Ferrol. CIG

De non solucionarse o conflito, poderían convocar unha folga, segundo a organización sindical. "A CIG leva catro anos nos que, a través da acción sindical e de negociación, puido establecer un servizo cunhas condicións dignas de traballo para o persoal e satisfactoria para os usuarios. Nos últimos meses, a falta de medios e as modificacións constantes no servizo están a provocar a precarización e a saturación do mesmo", alertou o sindicato.

Para a CIG, a Xerencia da área Sanitaria de Ferrol é "cómplice" desta situación, xa que de forma "unilateral" impuxo a realización dunhas tarefas e funcións "que non corresponden ao persoal de transporte sanitario", provocando que se atrasen os tempos de traslado dos pacientes. "A intención da parte sindical non é provocar molestias aos usuarios, senón defender as condicións laborais do persoal, xa que unhas mellores condicións redundarían nunha mellora do servizo prestado á cidadanía", reivindicaron.

Na mañá deste luns, Beatriz Fernández González, responsable da FGAMT na comarca de Ferrol, detallou que o persoal das citadas empresas, que forma a UTE encargada deste servizo, decidiron en asemblea iniciar un calendario de mobilizacións ante "os sucesivos incumprimentos e deterioración das condicións de traballo nestas empresas".

A sindicalista explicou que está pendente algún encontro con representantes da UTE e advertiu que, de non solucionarse o conflito, "intensificaríanse as mobilizacións, podendo finalizar na convocatoria dunha folga". A CIG denunciou que "nos últimos meses a falta de medios e as modificacións constantes no servizo están a provocar a precarización e a saturación do mesmo.

Así mesmo, sinalou que a nova xerencia "é cómplice"da situación tendo en conta que, "de maneira unilateral, está a impor a realización dunhas tarefas e funcións que non corresponden ao persoal de transporte sanitario". A CIG considera que estes labores "son propias doutras categorías profesionais dependentes do propio Sergas" e provocan que "se atrasen máis aínda os tempos de traslado dos pacientes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta