Localizan ao mozo de Ferrol que estaba desaparecido desde o sábado cando viaxaba a Santiago

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2025 | Actualizada ás 21:32

Comparte esta noticia

O mozo de 17 anos de idade veciño de Ferrol, ao que a familia buscaba desde o sábado cando saíu en tren destino a Santiago de Compostela, cidade na que estuda, foi localizado en bo estado.

A familia de Daniel Díaz Suárez interpuxera unha denuncia pola súa desaparición na Comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela, que foi ampliada na Comisaría de Ferrol. Agora, a Asociación SOS Desaparecidos desactivou a alerta nas súas redes sociais.

Piden colaboración para dar co paradoiro dun mozo de Ferrol desparecido
Piden colaboración para dar co paradoiro dun mozo de Ferrol desparecido | Fonte: ASOCIACIÓN SOS DESAPARECIDOS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta