O texto saíu aprobado nunha reunión en Bruxelas coas únicas abstencións de Alemaña e Grecia, pero cunha declaración anexa de Italia e Romanía moi crítica co proceso para tramitar esta recomendación e que cuestiona a base científica para soster que os riscos pola exposición ao vapeo xustifican ampliar a estes produtos as mesmas restricións que ao tabaco tradicional. España respalda ao completo a recomendación.
  comenta   0
Ten unha biaxa pegada de carbono que se deben á variedade de alimentos que inclúe, na súa maioría produtos locais.
  comenta   0
Segundo Montse Prado, está "máis que demostrado que unha atención primaria ben dotada garante unha poboación máis sa, mellor atendida e a menor custo", ademais de "garantir a igualdade ante a enfermidade".
  comenta   0
Tras criticar que o gasto en receitas de farmacia segue sendo "moi elevado", censuraron que "se perpetúa a precariedade" da sanidade pública, un servizo "necesario para facer fronte a novas epidemias", e non se aposta por áreas como a protección e promoción da saúde.
  comenta   0
O equipo de investigación da doutora Rosa María Pinto Solé logrou illar "unha cepa que replica mellor que as outras, que nos rinde moito máis e que pode ser un novo candidato vacinal que faría que a vacina final fose moito máis barata das que temos actualmente", un total de 7.
  comenta   0
Cardiólogos, representantes da Sociedade Española de Cardioloxía (SEC), a Fundación Española do Corazón (FEC) e eurodeputados españois solicitaron este venres a creación dunha Estratexia Europea de Saúde Cardiovascular que dea prioridade á prevención das enfermidades cardiovasculares, antes que ao seu tratamento.
  comenta   0
Actualmente hai xa un 30 % de adoslecentes que comezan a presentar problemas de conduta relacionados co uso dos móbiles e das pantallas, dos cales arredor dun 3 % poderían ser considerados adictos no sentido máis estrito da palabra. A taxa de ideación suicida en menores sitúase nun 12,7 %.
  comenta   0
No febreiro pasado, El Diario.es publicaba un artigo defendendo cortar cos propios pais. Ao día seguinte, o 17, Javier P. Martín no País falaba de dar rematado co mito dos amigos para sempre (calquera diría que eses foran os tremendos riscos do 2024). Prescindimos de si os autores só describen ou ademais propoñen; en todo caso, ambos reflicten unha tendencia aos vínculos interpersoais febles, tendencia xa vella nos países máis adiantados.
  comenta   0
O último reporte da OMS fala de que só na República Democrática do Congo rexistráronse 7.851 casos, o 66 % deles en menores de 15 anos, e 384 mortes entre o 1 de xaneiro e o 26 de maio deste ano 2024. O investigador do CSIC conta ao GC as claves sobre este virus e reflexiona sobre o futuro.
  comenta   0
Mónica García pide ao PP que "conteña as súas alarmas innecesarias" e "mensaxes anticientíficos" sobre vexigas do mono.
  comenta   0
O Ministerio de Sanidade informou de que o vindeiro luns 19 de agosto terá lugar unha reunión dun grupo técnico para pór en común e discutir as actuacións que se deriven da emerxencia sanitaria internacional polo brote de mpox (anteriormente coñecido como vexigas do mono) en África.
  comenta   0
A OMS clasificou o talco como "probablemente carcinóxeno" (grupo 2A), sobre todo para cancro de ovario; aínda que as probas son limitadas para seres humanos.
  comenta   0
A OMS declarou a soidade non desexada como un problema de saúde pública debido aos efectos que ten sobre a saúde das persoas, tanto a nivel mental como físico.
  comenta   0
Desde o Colexio de Ópticos e Optometristas de Galicia reivindican a necesidade de revisións visuais periódicas como prevención. A súa presidenta, Esther Amaro, apunta a que o "80% da información que chega ao noso cerebro, faino a través dos ollos".
  comenta   0
Máis de 5.000 adolescentes galegos son adictos aos videoxogos e, vinculados a eles, poderían volverse adictos ás apostas deportivas e outro tipo de xogos de azar. O profesor da USC Antonio Rial Boubeta alerta dos perigos. A OMS recoñece os videoxogos como unha adicción dende 2022, o plan contra as adiccións galego aprobouse no 2011
  comenta   0
Segundo a ONU os efectos dos fenómenos climáticos na saúde materna e infantil descoidáronse, non se notificaron e foron subestimados.
  comenta   0
O radón é a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco, mesmo en persoas que nunca fumaron. En fumadores, o risco de cancro de pulmón increméntase expoñencialmente. A OMS calcula que entre un 3 por cento e o 14 por cento das mortes por cancro de pulmón están relacionadas co radón.
  comenta   0
Un informe de Ecoloxistas en Acción analiza datos recolleitos entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro en 32 estacións de control da contaminación atmosférica, chegando á conclusión de que 2,1 millóns de galegos respiraron aire poluído. Os precursores do ozono van dende a maquinaria ata a gandaría e os lumes.
  comenta   0
Segundo datos da OMS, entre o 30% e o 50% dos homes en idade fértil teñen un seme de baixa calidade. Aproximadamente o 50% dos casos de infertilidade son por factor masculino, xa sexa illado ou en consecuencia da asociación a un factor feminino.
  comenta   0
Con motivo da celebración o vindeiro sábado, día 23 de setembro, do día das linguas de signos e das persoas xordas, a entidade sinala que a comunidade internacional de persoas xordas (que a OMS cifra en 1.500 millóns de persoas) e o seu movemento asociativo, encabezado pola WFD (Federación Mundial de Persoas Xordas), celebran estes días a Semana Internacional das Persoas Xordas reivindicando os dereitos do colectivo en todo o mundo.
  comenta   0
O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, advertiu de que a COVID-19 "segue sendo unha ameaza para a saúde mundial" a pesar de que "xa non é unha emerxencia sanitaria mundial, segue sendo unha ameaza para a saúde mundial".
  comenta   0
Coincidindo coa Semana Mundial da Lactación Materna, que se celebra do 1 ao 7 de agosto, a Asociación Española de Pediatría (AEP) reclamou que se facilite a lactación materna no traballo, dados os beneficios que produce tanto sobre a nai como sobre o bebé.
  comenta   0
Os expertos recomendan centrar os esforzos en accións enfocadas en distintos factores, como os hábitos de alimentación ou de exercicio físico.
  comenta   0
Segundo os estudos referenciados pola OMS, as vacinas bivalentes que conteñen BA.4/5 "inducen maiores anticorpos neutralizantes" contra as subvariantes recentes de ómicron BQ.1 e XBB.1.
  comenta   0
A OMS continúa salientando a importancia da vixilancia global para detectar cambios virológicos, epidemiolóxicos e clínicos asociados cos virus de influenza en circulación que poden afectar a saúde humana.
  comenta   0
O seu obxectivo é apoiar aos países para aumentar o acceso ás novas terapias fronte ao coronavirus e facilitar o abastecemento "alternativo e máis alcanzable" dos tratamentos.
  comenta   0