Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2023 | Actualizada ás 18:15
Un estudo elaborado pola Coordinadora en Defensa da Bicicleta (ConBici), en colaboración coa Asociación Cívica Compostela e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), revela que a calidade do aire na capital galega está no límite das recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS).
Segundo este documento, titulado 'Cycling with Clean Air', máis do 50% das medidas da calidade do aire nas rúas de Santiago superan a recomendación para o número de partículas en aire de diámetro inferior a 2,5 micras. O traballo baséase en dous anos de medición da calidade do aire en 18 cidades, nos que se constataron avances e desafíos no aire urbano en España e a necesidade de abordar este problema. Os seus resultados indican que a calidade do aire en 16 das 18 cidades españois non cumpre coas recomendacións.
Ao comparar os resultados obtidos coas recomendacións da OMS, constatouse que en só 8 das 18 cidades se cumpren na metade das medicións realizadas, o que presenta unha "serie preocupación en termos de saúde pública".
No caso de Santiago, atopouse que as recomendacións se cumpren "moi preto do límite", cun 43,7% das medicións co risco de incumprir a nova directiva de calidade do aire, o que para Composcleta indica que "a saúde da cidadanía en Santiago está en xogo", segundo recolle a USC nunha nota de prensa. Entre as bdo informe atópanse priorizar o uso de medios de transporte sustentables, fomentando a mobilidade activa e colectiva, dar información sobre a calidade do aire á cidadanía ou garantir a seguridade legal dos usuarios de bicicletas como medio de transporte, entre outras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.